Para presentar a nosa revista publicamos online, entre outubro de 2014 e xaneiro de 2015, un nº 0 que nos amosa como pode ser o futuro 15 anos despois do 2015: un 2030 no que só nos queda o 15% da enerxía neta do petróleo (un dos primeiros límites planetarios cos que está a bater a civilización industrial-capitalista-consumista), e no que malia as dificultades unha nova sociedad está a nacer.
Un libro impreso recompilando os artigos deste número especial foi editado en xaneiro de 2015 e enviado en exclusiva aos mecenas que fixeran posible a posta en marcha da revista. O libro foi reimpreso en 2018 e desde entón pódese adquirir na tenda online da nosa editora, a asociación Touda.
Atópao en bibliotecas
Grazas ás doacións efectuadas polos mecenas e colaboradores que recibiron esta edición exclusiva, podes atopar algúns exemplares do libro nalgunhas bibliotecas.
Descárgao de balde
Desde novembro de 2015 ofrecemos tamén a posibilidade de descargar en PDF o interior do libro (sen capa nin contracapa):