2025-05-25
O lugar de Leboso, no concello pontevedrés de Forcarei, acolle a duodécima edición da Feira de Sementes e Plantón Tradicionais, organizada pola Fundación Galicia Verde.
Na xornada de mañá terá lugar unha palestra de Xosé Antón Arauxo sobre a experiencia da Comunidade de Montes de Couso e unha presentación da ONGD Enxeñería sen Fronteiras a cargo de Sergio Fernández. Antes do xantar, David Esperón achegaranos ás finanzas éticas para facer fronte á crise ecosocial.
Pola tarde proxectarase o documental «A loita final» sobre os efectos da celulosa proxectada na Ulloa e rematará o evento cun espectáculo de monicreques da man da compañía Fantoches Baj.