–
2025-01-18
Enxeñería Sen Fronteiras organiza un Repair Café na antiga escola de Lira (Salvaterra de Miño), en colaboración co Centro de Saberes para a Sustentabilidade, Arquipélagos S. Coop. Galega, a Comunidade de Montes de Lira e a Fundación Eomaia.
Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, elctrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, mobles ou calquera outro obxecto.
O evento é gratuito e agradécese facer a inscripción antes do 13 de xaneiro.