2024-09-27
O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada arredor do acceso á terra das mulleres: unha comparativa entre Ecuador e Galiza. Participarán María Pardo Barbeito, labrega das Encrobas, e Viviana Buitrón Cañadas, investigadora ecuatoriana e docente na Universidade de Santiago de Compostela. A actividade enmárcase no programa Nin un paso atrás nos nosos dereitos, que conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela.