Técnico en medios audiovisuais, colaborou na edición e redacción da revista galega sobre o audiovisual Cielo Negro. Impartiu cursos e obradoiros sobre medios audiovisuais e colaborou con varias iniciativas eco-socio-culturais galegas, convencido de que fertilizar, sementar e regar as nosas mentes nos axuda a imaxinar a Terra e a imaxinarnos a nós. Desde a azotea do seu ático sen ascensor vixía o ir e vir das borrascas atlánticas.