Zeltia Irevire: A loba

[VIDEOCLIP] A Loba

/
Share

O single “A Loba” abre camiño á nosa actual transformación, buscando sincronizar o latexar, envolvéndonos na misticidade ancestral pola defensa da vida salvaxe. É unha denuncia de como o ser humano medrou sen ter en conta o medio ambiente, como a visión depredadora de explotación forestal é sinónimo de extinción, expoñendo a ameazada situación do lobo no ecosistema galego e reivindicando o vínculo cultural de Galicia co seu propio territorio. No tema mesturamos diversos estilos musicais coma o dance, o folk ou o rap e presentámolo aquí cun videoclip realizado nos Estudios Mans, n’A Coruña, que puidemos realizar como premio do Concurso de Bandas de Sonidos Mans 2022.

Vacaloura (capa do disco)Este tema está incluído noso último álbume Vacaloura (2023), como testemuña da nosa evolución artística e do noso compromiso inquebrantable coa natureza. Cecais unha das particulariedades máis especiais deste álbume sexa que a maioría das cancións resoan na frecuencia de 432 Hz, a vibración da natureza, nunha aposta por explorar con curiosidade novas posibilidades do son. Na viaxe musical dese disco contamos coa colaboración de artistas como Luz Fandiño, poeta referente de Galicia que hai moi pouco nos deixou para desnacer, como dicía ela, ou o música arxentino Leo Genovese, gañador do Grammy ao mellor solo jazzístico instrumental en 2023.


A Loba

Sabe a Loba que cando fica soa non hai quen a colla.
Ela ouvea, hai unha besta que queima a terra.
Ela viva, herdanza derruída que percorre as veas.
Queima o sangue pra loitar a fame que negocia a vida que negocia as guerras.

Eu oín a lenda de Odín na meiga terra nas verbas das deusas que eran as mouras e as meigas falando co vento que bica a beira do mar e das estrelas.
Ollando a lúa ficar nos eidos tralo paso ruín do mecánico latexo.

Vai polas ondas o espíritu do bosque fuxindo do humano que perde o norte, que fai morte, que daña a ela, a nosa Terra.
Vai polas ondas o espíritu do bosque fuxindo do humano que perde o norte, que fai morte, que daña a ela, a nosa Terra.

Sabe a Loba que o mundo xira e non renova.
Ela ouvea, hai unha besta que fura a terra.
Ela viva, lembranza que aniña eiquí espida.
Agarda Gaia na Porta do Alén co Marco do Vento aos seus pés.

Nas terras de Cotobade o verdadeiro lobo extinguiu. Rompeu o equilibrio da Galiza máxica.
Volta Loba, volta polas nosas gorxas. Imos facer tremer ialmas.
Volta Loba, volta.
As fauces coas fouces símbolo de loita pola Terra.
As fauces coas fouces cambio de novo luar.

Sabe a Loba que cando fica soa non hai quen a colla.
Ela ouvea, hai unha besta que queima a terra.
Ela viva, herdanza derruida que percorre as veas.
Queima o sangue pra loitar a fame que negocia a vida que negocia as guerras.

Eu oín a lenda de Odín na meiga terra nas verbas das deusas que eran as mouras e as meigas falando co vento que bica a beira do mar e das estrelas.
Ollando a lúa ficar nos eidos tralo paso ruín do mecánico latexo.

Click to rate this post!
[Total: 1 Average: 5]
Share

Laura Zeltia Acuña Barros: guitarra e voz. Miguel Carballido Cernadas: bodhran, percusións e coros. Cibrán Seixo Pazos: violín e sintetizador de baixos. Levan no seu son diversas influencias das raíces tradicionais e do folk atlántico creando o seu propio estilo, o Folk Tribal. Experiencia musical creada en 2019 en Santiago de Compostela desde a autoxestión, dun xeito progresivo e comprometido coa protección do medio ambiente, colaborando dun xeito activo con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artículo anterior

Diñeiro público para independizarnos das tristes expectativas dos mercados

Siguiente artículo

Manifesto «Dende a Ulloa ata a ría: terra, agua e aire son vida»

Lo último de Blog