Ariadna Uve

Uberizar o rural

/
Share

(A propósito do artigo de Julián Rojas publicado no diario El País o 30 de marzo de 2019. Publicado previamente no web da autora.)

Parvo o último. Algunhas das medidas que pouco a pouco se van descobrindo da autoproclamada Revuelta de la España Vaciada devólvenme á miña máis tenra xuventude alá polos anos noventa e moitos. ¿Recordan o que pasaba por entón? Eu crecía coa decadencia dunha familia de clase media que, se ben non lle tiñan moito aprezo ó Aznar, o seu estilo de vida non era tan distinto ó dos votantes tipo do PP e non fondo encantáballes escoitar que España ía ben. A miña familia era o sono cumprido de calquera parella de aldeáns afectados polo desarraigo e habitados pola ecuación que si piso, que si outro e vendo o anterior e lle saco, entón que se chalete, e xa os dous coches, ¡tres! Superada unha infancia de escaseza, con esforzo persoal e adicación por obviar e eliminar calquera indicio de paleto, de galego, os homes e se cadra tamén as mulleres podían avanzar, ascender, vivir na metrópole, prosperar.

O Plan de Estabilización Económica de 1959 sentou os fundamentos dunha xeración aínda non achegada á mocidade que se atopaba no período vital ideal para asimilar dende o cabeceiro do subconsciente a lóxica desenvolvementista do decenio posterior, a pegada ianqui e a herdanza do rodete analfabetizante empurrado polo quero e non podo franquista. O rural galego sufriu unha tremenda despoboación nesas datas, pero non se atopaba baleiro, máis ben nunha situación de progresiva colonización forestal previa legalización do despoxo dunha boa parte dos territorios da man común en períodos anteriores. Os espazos meridionais, do leste e centro peninsular particularmente, viviron neste tempo procesos tan diferentes como parellos de intensificación produtiva, acompañados de políticas monopolísticas ou de unificación e extensión agraria segundo o caso. Esta situación foi a continuada e agravada sen excepción polo resto dos gobernos de un e outro signo ata o momento actual.

O mundo rural representa os territorios que seguramente máis teñan sufrido a violencia das políticas hiperdesenvolvementistas deste longo período, pero aínda sostén unha memoria que segue a estar viva. Manter a vida no rural e nas pequenas poboacións significou e continúa a significar tamén, resistir, pensarse para sí, traballar dende a memoria viva para construír dende a praxe do presente un futuro. Porén, a proposta dun modelo como Uber ou Amazon para os pobos dimensionada polo diario El País dende a afirmación do señor Luis Antonio Sáez, director da Cátedra de “Despoblación y Creatividad” da Universidad de Zaragoza, é, como exercizo profesional, servil e interesado, e como reivindicación política, irresponsable. Unha das afirmacións di así: “Quizás en tu pueblo no haya un Corte Inglés en el que comprar un libro, pero sí Amazon, aunque te llegue un día más tarde”. Reconectar co discurso aspiracional dos anos noventa no actual contexto de crise económica non resolta e de desestructuración social é unha temeridade ecolóxica e sistémica que continuará a alimentar a besta reproducida nos espazos do rural. Se cadra poderiamos lembrar dende aquí ó grupo promotor da plataforma, que humildemente teña a ben revisitar ós rexeneracionistas finiseculares, a quen citan e dende os que falan, e consultar ós seus fundamentais. Joaquín Costa diría, nun contexto social e político diferente, que o desenvolvemento de novas infraestructuras virá determinado polo uso dos recursos dos que xa se dispón. Alá polos anos setenta e oitenta do século XIX. Que a esta reivindicación lexítima lle aparezan intereses á imaxe e semellanza da precarización da economía urbanita é unha pésima nova que conecta coa construción máis avolta e fachendosa de parte da historia recente e común. Un decenio despois, asomaba 2008. O avó e a avoa morrían e os fillos e fillas decidían montar un hostel no antigo espazo familiar. Os dramas da clase media, continúan.

Ariadna Uve
Click to rate this post!
[Total: 0 Average: 0]
Share

Periodista e historiadora. Investigo sobre cuestiones medioambientales desde la historia agraria, social y política contemporánea. Escribo desde www.luciavilarino.com.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artículo anterior

Os concellos contra o caos climático

Siguiente artículo

A demasiado utópica visión eco-anarquista de Ted Trainer

Lo último de Blog

[VIDEOCLIP] A Loba

Presentación e letra do tema de Zeltia Irevire incluído no seu máis recente disco, Vacaloura.