V Encontro de Transición e Decrecimiento: Betanzos, 29 a 31 de outubro

avatar

2016-09-26

Share

2016-10-29e30-cartaz-gl-encontro-transicion-decrecemento-betanzosEstamos encantadas de poder anunciar que o vindeiro Encontro de Transición e Decrecemento do Estado Español se celebrará en Betanzos os días 29, 30 e 31 de outubro.

Despois tres meses de traballo silencioso, de persoas e colectivos como a Red de Transición en España e os colectivos galego Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, Rural C e Für Alle Falle, lanzamos con moita ilusión este novo formato de encontro.

Desde a equipa organizadora gustaríanos pedir colaboración na difusión do Encuentro, de cara a reunir tanta xente como for posible: calquera persoa comprometida coa mudanza eco-social e a xeración de novas culturas que dean alternativas ao sistema hexémonico en decadencia hase sentir chamada a participar neste encontro participativo e creativo.

Os objetivos e ámbitos definidos pola equipa organizadora son os seguintes:

  • Celebración: Dar continuidade aos encontros que se foran realizando até o de agora (Zarzalejo, 2011; Vitoria-Gasteiz, 2012; Sevilla, 2013; Granada, 2015), sentirnos en compaña e empoderarnos para continuar adiante.
  • Diagnóstico: Divulgar e impulsar o Movimiento de Transición e o Decrecemento, informar sobre os límites ao crecemento e sobre a imperiosa necesidade dun novo paradigma de vida.
  • Inspiración para o cambio: Visibilizar e compartir exemplos do que xa está a acontecer en todas partes, para aprender e para visualizar o paradigma emerxente.
  • Transición interior: Dar espazo á transición interior, á convición profunda de que non hai eu e mundo, que todo vai unido, que non hai mudanza global se non hai mudanza interior e que o cambio interior tamén se xesta traballando pola mudanza global. Enfrontar a faciana psicolóxica e emocional do cambio, tan pouco presentes no activismo eco-social, e tan necesaria para dotar de profundidade e continuidade aos propios movementos de Decrecimiento e Transición e para of facermos máis resilientes.
  • Ámbito local: Potenciar o proceso de cambio tanto en Galiza como nas bisbarras que conflúen en Betanzos, apoiando e dando visibilidade ás iniciativas que xa existen e impulsando novos proxectos.
  • Ámbito estatal/ibérico: Fortalecer o proxecto da Rede de Transición, así como outras redes entorno á transición, ao decrecemento, e outros movementos eco-sociais.

O encontro foi deseñado para abordar diferentes aspectos vencellados co proceso de cambio ecosocial abordados polo Decrecemento e mais o Movemento de Transición, e por iso, simbolicamente, formulamos tres bloques para os dous primeiros días, mentres que o derradeiro día estará dedicado á creación de redes colaborativas a diferentes niveis.

Os tres bloques serán os seguintes:

  1. Cabeza: Charlas, obradoiros teóricos, académicos, de traballo intelectual individual ou colaborativo.
  2. Mans: Obradoiros prácticos, creativos, de pensamento colaborativo e acción conxunta. Obradoiros de demostración. Presentación de proxectos e iniciativas diversas, relacionadas con ámbitos diversos como a enerxía, a economía, a ecoloxía e a vida comunitaria, claves no marco da Transición e do Decrecemento.
  3. Corazón: Obradoiros de traballo interno, introspectivo, emocional e apoio mutuo. Obradoiros de (re)conexión coas persoas e mais coa natureza.

No terceiro día, aplicaremos metodoloxías de traballo colaborativo e destilación da intelixencia colectiva, como é o Foro Aberto, estimulando o estabelecemento de vencellos e mais o apoio mutuo entre a gran diversidade, coñecemento e experiencia que as personas asistentes han achegar.

Anímate a participar!

Tamén estamos programando espazos abertos durante o Encontro para obradoiros, charlas e actividades de aprendizaxe e participación, nos que podedes pór o voso gran de area para construírmos colectivamente este ilusionante encontro.

Vémonos en Betanzos!

Programa dol V Encuentro de Transicion e Decrecemento

[Total: 0    Average: 0/5]
Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.