The end. Ilustración de O Rucho
O Rucho

The end

Share

(A prol de Diane di Prima)

A harmonía dos claxons en todas as estradas
ten que rematar

o fume sempre verde, sempre verde
ten que rematar

os miles de quilómetros roubados ao presente
teñen que rematar

o asfalto triunfante
ten que rematar

a man que marca os prezos de todo o invisíbel
ten que rematar

a democracia
ten que rematar

as mulleres espidas traballando na ONU
teñen que rematar

os homes soldado
teñen que rematar

as persoas que mercan tomates en abril
teñen que rematar

os rezos tibetanos
teñen que rematar

os nenos consumidos consumindo sorrisos
teñen que rematar

a fame de galletas
ten que rematar

a música celeste de mil avións turísticos
ten que rematar

a cadea perpetua do azar dun «Quérote»
ten que rematar

os neóns que anuncian o fin da liberdade
teñen que rematar

a auténtica mentira
ten que rematar

as falsas realidades
teñen que rematar

as raiceiras burguesas dos soños destas nenas
teñen que rematar

o sentido das agullas do reloxo
ten que rematar

as paixóns ceguesimais
teñen que rematar

a independencia intrauterina
ten que rematar

os tasadores de crenzas
teñen que rematar

os agrimensores, os especuladores, os intermediarios
teñen que rematar

os cárceres
teñen que rematar

as escolas
teñen que rematar

a impaciencia matutina
ten que rematar

a suavidade do aceiro (e a súa calor)
teñen que rematar

o tempo fóra da clepsidra
ten que rematar

a fe no crecemento sen fin
ten que rematar

as laranxas laranxas
teñen que rematar

os algoritmos da felicidade
teñen que rematar

o confort baseado na tortura e a morte
ten que rematar

os actos voluntarios que nos fan ser esclavos
teñen que rematar

estes versos que teiman por soltar amarras
teñen que rematar

este poema que quere sementar un porvir
ten que rematar
e este

 

THE END

é

o principio

 

The end. Ilustración de O Rucho
O Rucho
Click to rate this post!
[Total: 2 Average: 2.5]
Share

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Siguiente artículo

A Galiza pós-petróleo, de carne e osso. Conversa com os integrantes do projeto Pumido ao Natural

Lo último de Blog

[VIDEOCLIP] A Loba

Presentación e letra do tema de Zeltia Irevire incluído no seu máis recente disco, Vacaloura.